Coñece algúns dos recunchos máis especiais de Noia

Que Noia ten variedade de cousas para ver xa se sabe, pero o que seguro descoñeces son moitos dos seus segredos. Neste post queremos descubrirche algúns dos seus recunchos para que cando termines de ler xa coñezas Noia, e sen a necesidade de mover o coche da casa.

Se a ti o que che gusta é pasear pola natureza evadíndote de rúas abarrotadas e aglomeracións, algún destes lugares vante sorprender.

Os roteiros máis espectaculares de Noia

  • Practica sendeirismo polas beiras do Tambre.

Este roteiro comeza na Central Hidroeléctrica do Encoro do río Tambre, obra do arquitecto Antonio Palacios. É unha zona tranquila onde se o que buscas é gozar da natureza será idóneo. Neste paseo poderás ver o Río Tambre desde unha ponte colgante. A partir de aí tes tres opcións: carreiro azul (1250 m), verde (1500 m) ou vermello (3500 m), onde cada cal ten un nivel de dificultade máis alto, así que ti elixes.

Nesta contorna verde de Galicia verás tamén unha pasarela que ofrece unha panorámica incrible do río Tambre e un  merendeiro, onde se vas con tranquilidade podes parar a descansar e comer algo para coller enerxía, asegúroche que unha parada aí é suficiente para conectar coa natureza. Outros puntos que podes atopar neste roteiro serán a antiga escola e ata unha fervenza no Río de San Xusto, moi preto da estrada.

  • Cruza polos seus ríos a través de Ponte Nafonso e Ponte de Traba.

Este primeiro é dos máis longos de Galicia xa que se construíu para unir Outes e Noia. Atravesa o río Tambre, que desemboca na Ría de Muros e Noia. Se queres gozar dunhas vistas incribles para ver esta desembocadura non podes perderte as vistas do Monte de San Lois, aí terás un precioso banco para sentarte a admirar as vistas. Ademais, en Ponte Nafonso terás unha das postas de sol máis bonitas de Noia.

Ponte de Traba é o máis relevante, foi construído no  S. XV sobre unha ponte que, rodeada de vexetación, cruzaba a vía romana que atravesa Barbanza. Na desembocadura do río Traba están os Muíños de Pedrachán, que son outro punto de interese por tratarse de muíños medievais restaurados, galardoados con premios de arquitectura.

  • Coñece Punta  Paralada ou “Pedra da Fada”.

Na Barquiña podemos ver o río Tambre antes da súa desembocadura no mar. Desde aí podes apreciar unha vista incrible da ría de Noia. Aquí debemos coñecer unha lenda, e é que se di que aí vive unha sirena,

Ven a comprobar se é certo!

  • Sobe ao Monte Iroite.

Pertence a catro municipios da zona e é a cima máis alta da Serra do Barbanza. Isto quere dicir que de novo podemos gozar dunhas espectaculares vistas, esta vez á Ría de Arousa por unha banda e a Ría de Muros e Noia ao outro.

 

Se es un fanático de paisaxes como dos que acabamos de falar, dos roteiros de sendeirismo incansables e se che gusta descubrir lugares menos  masificados, Noia  pode ofrecerche todos estes plans. Con cal te quedas?