turismoconcellodenoia@gmail.com / + 34 981 821 598

  • es
  • gl
  • en
  • icon icon Facebook
  • icon icon Twitter
  • icon icon Instagram
  • icon icon YouTube

Menu

  • Inicio
  • Coñece a nosa vila
        • A nosa historia
        • Festas e mercados
        • Patrimonio
        • Natureza e paisaxe
        • Praias
        • Portus Apostoli
        • Museos e expos
        • Gastronomía
        • Rutas e excursiones
  • Emociónate
        • Turismo Gastro
        • En familia
        • Aventura
        • Turismo slow
        • Turismo Cultural
  • Planifica a túa viaxe
        • Onde estamos
        • Información xeral
        • Comunicación
        • Oficinas de turismo
        • Casas de turismo rural
        • Hoteis, hostais e pensións
        • Apartamentos turísticos
        • Comer e beber
  • Axenda
  • Actualidade
  • Profesional
  • Contacto
Festas e mercados

Festas e mercados

Feira Medieval

Feira Medieval

A Feira Medieval de Noia, unha das máis coñecida de Galicia, é unha cita obrigada para todos os amantes  desta clase de eventos. Celébrase cada ano a mediados de xullo e durante unha fin de semana aproveita as rúas, prazas e edificios do casco histórico noiés para recrear o ambiente da vida no medievo.

Casco histórico de Noia - Noia
Festival Noia Jazz

Festival Noia Jazz

Noia Jazz, o Festival Internacional de Música Jazz da Vila de Noia, ten lugar cada ano a mediados de agosto na Praza da Constitución, e reúne aos mellores grupos de jazz de España e do panorama musical internacional.

Rúa Cantón - 15200 Noia
Festa da empanada de Noia

Festa da empanada de Noia

A empanada de Noia é, xunto co berberecho, unha das estrelas gastronómicas da vila e de toda a comarca. Por isto, dende 1979 e coincidindo coas festas patronais de San Bartolomeu, celébrase a Festa da Empanada en homenaxe a este manxar tradicional.

Noia - Noia
Xornadas de Exaltación do Berberecho

Xornadas de Exaltación do Berberecho

As xornadas de exaltación do berberecho de Noia, organizadas pola Confraría de Pescadores San Bartolomeu, teñen lugar durante o mes de outubro co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor este produto estrela da gastronomía noiesa.

Rúa República Argentina - 15200 Noia
Mostra de Curtas Vila de Noia

Mostra de Curtas Vila de Noia

Con máis de vinte edicións ás súas costas, a Mostra de Curtas Vila de Noia é un dos eventos máis importantes do panorama audiovisual galego e un acontecemento de gran relevancia cultural e cinematográfica, que se celebra cada ano no municipio entre outubro e novembro.

Rúa Curro - 15200 Noia
Noia Harp Fest

Noia Harp Fest

O Festival Internacional de Arpa “Vila de Noia” reúne, edición tras edición, aos mellores arpistas do panorama nacional e internacional, con artistas chegados dende países de todo o mundo.

Rúa Rosalía de Castro - 15200 Noia
Rali de Noia

Rali de Noia

O Rali de Noia, que se celebra cada ano durante o mes de abril, é unha das citas máis emblemáticas do calendario do motor galego.

Noia - Noia
San Bartolomeu

San Bartolomeu

As festas de San Bartolomeu son unha das citas imprescindibles do verán galego. Celebradas cada ano a finais de agosto, o programa recolle numerosas actividades para todos os públicos.

Rúa Coruña - 15200 Noia
San Marcos

San Marcos

As festas patronais de San Marcos celébranse cada ano en Noia a finais do mes de abril coincidindo co día 25, día propio da festividade de San Marcos.

Noia - Noia
  • Rúa Galicia, 8
  • 981 821 598
  • turismoconcellodenoia@gmail.com
  • De luns a Domingo de 10:00 a 15:00
  • icon icon
  • icon
  • icon icon
  • icon icon
  • Inicio
  • Coñece a nosa vila
    • A nosa historia
    • Festas e mercados
    • Patrimonio
    • Natureza e paisaxe
    • Praias
    • Portus Apostoli
    • Museos e expos
    • Gastronomía
    • Rutas e excursiones
  • Emociónate
    • Turismo Gastro
    • En familia
    • Aventura
    • Turismo slow
    • Turismo Cultural
  • Planifica a túa viaxe
    • Onde estamos
    • Información xeral
    • Comunicación
    • Oficinas de turismo
    • Casas de turismo rural
    • Hoteis, hostais e pensións
    • Apartamentos turísticos
    • Comer e beber
  • Axenda
  • Actualidade
  • Profesional
  • Contacto

© 2020 Copyright Turismo de Noia todos los derechos reservados