Se es un amante do turismo activo, sen dúbida Noia é o teu destino. O noso concello abrangue mar e montaña, praia e río, o que permite realizar diferentes actividades de aventura en distancias moi próximas entre si..

Para comezar pódeste achegar á Ponte de Ceilán, que une a nosa localidade coa Serra de Outes, para unha sesión de puenting sobre o río Tambre con impresionantes saltos a 30 metros de altura.

Seguindo río arriba, outra proposta para os máis aventureiros é a de contratar unha ruta de rafting, que especialmente durante a época de choivas vaiche permitir gozar das augas bravas do Tambre ao tempo que contemplas as espectaculares paisaxes do seu entorno.

Volvendo agora cara o mar, se continuas na busca de emocións fortes non poderás resistirte a unha xornada de parapente. Esta actividade pode realizarse dende a cima do Monte Iroite, que ofrece unha impresionante panorámica de toda a ría de Muros e Noia; e tamén dende a praia de Testal xa cun voo a motor.

Por último, propoñémosche rebaixar as pulsacións facendo un roteiro a cabalo, unha actividade que pode realizarse en diferentes puntos do municipio e que che permitirá descubrir algúns dos recunchos naturais menos coñecidos da nosa vila.

  • Para coñecer mellor estas actividades achégate á nosa oficina de turismo, alí poderás consultar todas as túas dúbidas.