As históricas e únicas laudas de Santa María A Nova ó alcance de todos

Imaxe: La Voz de Galicia

As visitas virtuais ás lápidas sepulcrais de Santa María A Nova

En Santa María A Nova, templo levantado no ano 1327 sobre outro construído anteriormente no século XII, atópanse 40 lápidas sepulcrais que aínda conservan símbolos e inscricións. O bo é que estas pezas xa están a disposición de calquera grazas ás novas tecnoloxías.

Co proceso de dixitalización da nosa vila, cuxo fin principal será promocionar os atractivos do municipio de Noia, incluiremos esta recreación, que agora mesmo só temos dispoñible en Facebook. Trátase dunha recreación en 3D que che permite ver en detalle e dende a túa casa as lápidas sepulcrais e incluso carteis explicativos que se atopan na igrexa.

Os oficios e a peregrinación, un emblema nas laudas

As pezas máis antigas están fechadas entre os séculos XIV e XVI, e nela atópanse releves que identifican a profesión da persoa que se atopa aí enterrada. O oficio máis destacado é sen dúbida a do zapateiro, xa que abundaban en Noia. Outras das pezas que destacan conteñen símbolos familiares para determinar a que casa pertencen.

Pero se hai unha peza á que hai que facer mención é a lauda do peregrino, xa que non só os seus releves fan honor á profesión da construción, senón que ademais nela atopamos unha representación da figura humana con sombreiro e túnica con conchas, un bordón e un libro con ordenanzas do sector.

Estas laudas, como dicíamos, atópanse no interior de Santa María A Nova, pero no exterior do templo atopamos outras que están a espera de que se amplíe o museo. Esta colección única é merecedora de todo o valor que se lle da, pois o cemiterio de Santa María A Nova funcionou de maneira ininterrompida dende o século XIV e isto contribúe ao seu bo estado.

O que nos deixan estas lápidas é parte da historia dunha Noia máis antiga e moi diferente a como a coñecemos hoxe en día. Pois permítenos saber o nivel económico e as familias que alí vivían, é dicir, os antepasados da nosa vila.

Podes ver estas laudas na Rede de redes ou ben, no museo en horario de luns a venres, de 10.30 a 18.00 horas; e os sábados e domingos, de 10.30 a 14.00.